O modo de produción P2P

Un manifesto indiano

Este libro foi escrito orixinalmente en esperanto despois traducido ao galego. Descarga todos os nosos libros no repositorio da Biblioteca de "las Indias".

Indice

  1. Información xeral sobre este libro
  2. Introdución
  3. A emerxencia das redes distribuidas de comunicación
  4. O drama das escalas e a crise mundial
  5. O novo modelo do software libre e a ética hacker do traballo
  6. A nova revolución industrial
  7. O sistema de aprendizaxe P2P e a produción de coñecemento teórico
  8. O reflexo político: comunal, confederalismo asimétrico e subsidiaridade
  9. Conclusións
  10. Notas

Información xeral sobre este libro

Recoñecementos


Este libro foi escrito orixinalmente en Esperanto e traducido ao Español por Natalia Fernández, María Rodríguez e David de Ugarte, membros do Grupo Cooperativo de "las Indias", e finalmente traducido ao Galego por Darío Lodeiros, quenes fan devolución do mesmo ao dominio público.

Sen o debate e a discusión entre os indianos, os nosos lectores e importantes teóricos de todo o mundo como Juan Urrutia, ou Kevin Carson, este libro non sería posible. A eles dedicamos este traballo.

Qué podes facer con este libro


Podes, sen permiso previo dos autores e editores, copialo en calquera formato ou medio, reproducir parcial ou totalmente os seus contidos, vender as copias, utilizar os contidos para realizar unha obra derivada e, en xeral, facer todo aquelo que poderías facer cunha obra de dominio público.

Qué non podes facer con este libro


O paso dunha obra ao dominio público supón o fin dos dereitos económicos do autor sobre a mesma, pero non dos dereitos morais, que son inextinguibles. Non podes atribuirte a súa autoría total ou parcial. Se citas o libro ou empregas partes do mesmo para realizar unha nova obra, debes citar expresamente tanto os autores como o título e a edición. Non podes empregar este libro ou partes de él para insultar, inxuriar ou cometer delitos contra a honra das persoas e en xeral non podes empregalo de xeito que vulnere os dereitos morais dos autores.

1. Introdución


A crise actual, a máis profunda e longa na historia do capitalismo, abriu a discusión en todo o mudo sobre aquelo que, día tras día, aparece máis claramente como a destrución simultánea das dúas principais institucións da vida social e económica: O estado e o mercado. Nunca antes na memoria das xeracións presentes, o sistema económico foi tan universalmente cuestionado.

Por outra banda, nunca antes as capacidades técnicas foron tan potentes e, o que aínda é máis importante, foron tan accesibles para as persoas e as pequenas organizacións. De feito, nunca antes, un número tan grande de pequenas empresas tomaron parte do mercado mundial. Tecnoloxías de comunicación p2p case gratuítas permitíronlles crear as meirandes redes comerciais da Historia. A emerxencia do software libre -que por si mesmo representa a maior transferencia de valor recibida nunca pola periferia económica- empoderoulles con inesperada independencia. Millóns de pequenas empresas de todo o mundo, especialmente en Asia, poideron así coordinarse entre si e sofisticar os seus produtos no preciso instante no que se lles abrían novos mercados. É a «globalización dos pequenos». Non é un fenómeno marxinal, nunca antes tantas persoas en todo o mundo puideron sair da pobreza.

Se miramos de preto estas tendencias contrarias, atoparemos interesantes contradicións: a crise ten o súa orixe nas industrias de gran escala e de feito é a mallor de ellas, a industria financeira, quen lle serve de detonante e empuxa a escala: a industria do software libre non se sustenta sobre grandes empresas globais monopolistas con redes mundiais de subsidiarias comerciais, se non sobre un novo «comunal de coñecemento libre» que pode ser descargado, modificado e incluso vendido por calquera. As relacións na construción de este novo comunal non ten unha xefatura central nin xerarquía senon que se basan na libre concurrencia de proxectos e nas relacións entre iguais. As empresas nesta industria non gañan fama e ingresos xerando escaseza. O seu nome constrúese sobre aportes innovadores ao comunal e os seus beneficios nacen sinxelamente da venda de horas de traballo.

O software libre foi a primeira industria baseada sobre un sistema completamente distinto de propiedade e de produción: o modo de produción P2P. Máis adiante, no medio da crise, aparecerían novas ferramentas, dende as impresoras tridimensionais ata metodoloxías de deseño industrial, e novos sectores explorarán novas ramas do comunal.

O obxetivo deste libro é mostrar como a crise económica é, en realidade, a crise das grandes escalas, pero sobre todo, mostrar como temos todavía a oportunidade de impulsar o paso cara un novo modo de producir que se fundamente sobre un novo xeito cooperativo de competir, unha nova ética de traballo e, sobre todo, sobre a construción dun novo comunal, un procomún de coñecemento aberto a todos.

2. A emerxencia das redes distribuidas de comunicación


Baixo toda arquitetura de comunicación agóchase unha estrutura de poder. Por iso a tecnoloxía de comunicación está intimamente ligada aos movementos sociais, as formas estatais e, por outra banda limita a amplitude das relacións sociais de cada época1.

O mundo da comunicación centralizada, o mundo dos correos de postas, define á monarquía absoluta e incluso á “república jacobina” nada da revolución francesa: estado centralista, xornais capitalinos, sometemento ao centro e a súa identidade en todas as relacións sociais. De feito, non foi a revolución francesa se non a extensión do telégrafo creado por Morse, o que fará posible as estruturas descentralizadas que caracterizan á democracia representativa e as relacións internacionais: dende o sistema mediático baseado na relación entre axencias internacionais e xornais nacionais ata a organización piramidal baseada en grupos locais cunha estrutura de coordinación rexional, nacional e internacional por riba. Non esaxeramos se afirmamos que o sufraxio universal, o pluralismo -e tamén a empresa multinacional e o imperialismo- non serían posibles sen a universalización da comunicación descentralizada.
Topologías de red

Pero descentralizado non é distribuido. As estruturas descentralizadas definen xerarquías: canto máis enriba estemos na pirámide informacional, tanto máis independetes seremos para acceder á información e máis sinxelamente poderemos difundila despois. A comunicación entre os nodos básicos -as que pertencen a maioría das perosas nos estados, partidos, ou empresas – depende dos seus representantes e coordinadores territoriais, que teñen o poder para filtrar e decidir que difundir cara abaixo e que enviar cara arriba. O mundo descentralizado é, en cada subrede local, centralizado. Soamente cando apareza a comunicación distribuida, unha nova lóxica das relacións sociais tornarase posible.

Se extraemos o nodo central dunha rede centralizada, a rede mesma desaparece. Se extraemos un dos nodos localmente centralizadores nunha rede descentralizada, a rede romperá en diversas subredes non comunicadas entre si. O que define a unha rede distribuida é poder extraer calquera nodo sen incomunicar a ningún outro, e polo tanto, ningún nodo pode filtrar en solitario. Se calquera grupo de nodos centralizador poduce necesariamente escaseza -democrática ou autoritariamente- as redes distribuidas trocan o pluralismo descentralizado en diversidade distribuida. A comunicación entre iguais ten a súa propia lóxica.

A primeira mostra das consecuencias sociais de Internet sería o nacemento e ascensión da blogsfera, o primeiro medio de comunicación distribuido. Non é ningún segredo que os movementos espontáneos de Manila(200), Madrid (2004), Francia (2005), Atenas (2007) ou a «primaveira árabe» tiveran a súa orixe na capacidade da blogsfera para promover novos consensos sociais. Ademais, os activistas de grandes movementos democráticos como «as revolucións de cores» nos estados excomunistas, souperon aproveitar a comunicación distribuida para construir novas maiorías sociais incluso sen liberdade de prensa nin de reunión.

Pero a pesar de que as consecuencias políticas da comunicación distribuida era as máis visibles, non eran as únicas..

Tras a caída do muro de Berlín e o derrumbamento da URSS, as empresas de gran escala de Occidente presionaron aos gobernos para conseguir a apertura de mercados exteriores. Axiña atoparon oportunidades dividindo internacionalmente a súas cadeas produtivas entre moitas empresas autónomas e máis pequenas. O fenómento chamouse «globalización» e xerou globalmente preocupación. Pero tivo lugar unha evolución non calculada dos emprendedores da periferia que cambiaría o horizonte da «nova orde mundial». En 1.999, o memso ano no que os medios contan ao mundo as masivas manifestacións do «movemento antiglobalización» en Seattle, nace o primeiro gran bazar chino online: Alibaba.com. É só a primeira manifestación dun gran movemento subterráneo. Pronto en todos os sectores, redes globais de comerciantes e industrais dánse conta da posibilidade de coordinarse por si mesmo e competir coas grandes empresas que acumulaban a maior parte do valor da división internacional do traballo. Arranca a «globalización dos pequenos».

Ao mesmo tempo, durante a segunda metade dos noventa, o «movemento hacker» explota có crecemento do uso de Internet. Cambia profundamente e pronto nace o seu primeiro gran aporte, Linux, e con el o mundo do software libre convértese na base da primeira industria p2p.

3. O drama das escalas e a crise mundial


A teoría Económica dinos que a empresa alcanza a súa dimensión óptima cando os costes de produción a longo prazo chegan o seu mínimo. Pasado este punto, se aumentamos todos os factores na mesma porcentaxe, os costes medios de produción crecerán. Teremos entón «deseconomías de escala».

A escala óptima de produción fundaméntase na productividade dos factores, que dependen a súa vez de cal sexa a mellor tecnoloxía dispoñible nese sector e nese intre. Novas tecnoloxías precisarán menos cantidade de factores para producir a mesma cantidade de produto final e o que é máis importante, alcanzarán antes o coste mínimo de produción e polo tanto «rendimentos negativos de escala». Deste xeito, tecnoloxías máis produtivas disminúen o tamaño medio das organizacións.

Nembargantes, o crecemento constante da productividade dende o fin da segunda guerra mundial, aínda que reduciu a dimensión media das empresas non pareceu influir no tamaño das grandes empresas. Polo contrario, creceron constantemente ata hoxe. Nos anos noventa, cando tivo lugar a maior ola de fusións e adquisicións da Historia, os novos xigantes invocaron polo xeral «rendementos positivos de escala» tecnicamente difíciles de crer pois, paralelamente as mesmas empresas dividían o seus procesos de produción e presionaban os reguladores para firmar acordos de libre comercio que lles permitiran «romper as cadeas de valor» entre subcontratistas de todo o mundo. Se a concentración empresarial era precisa para alcanzar novas e maiores escalas óptimas… por que baldeirar as estruturas propias e converterse de feito no coordinador xefe de moitas pequenas empresas autónomas de pequena escala en todo o mundo?

Dúas forzas están na orixe de esta cotradición: as «rendas» -beneficios extramercado- producidas pola posibilidade de condicionar estados e mercados, e a necesidade dos grandes capitais financeiros.

As treis principais políticas «neoliberais» impulsadas a partir dos anos oitenta -financiarización e securización, apertura de mercados periféricos e endurecemento da lexislación sobre a «propiedade intelectual»- son ferramentas para dar sentido a escalas de capital maiores, a escala que o sistema financeiro precisaba para «dar lugar» as crecentes bolsas de capitais inactivos. Ironicamente, os capitais non se poñían en activo para escalas de negocio menores porque o propio sector financeiro era a principal industria sobredimensionada… e tamén a principal beneficiaria das rendas orixinadas polo poder político gañado coa dimensión.

Simbolicamente, a presión da industria financeira conseguiu en 1996 a abolición da «Glass-Stegall Act», aprobada en EEUU tras o crack do ano 29 para evitar a infección do sistema financeiro con cracks especulativos. Esta lei prohibía aos bancos de inversión comprar bancos comerciais. Pero as escalas demasiado grandes chaman a escalas aínda maiores. Os novos monstruos foron cedo «demasiado grandes para deixarlos caer», permitindo aos capitais financeiros poseer a máis valiosa das rentas: asegurarse de balde a súa supervicencia futura a través do estado mesmo.

Pero a maior ironía chegou ao final da década, cando un dos máis claros resultados da caída de escalas óptimas, o nacente sector de Internet, converteuse nunha burbulla financeira. Era inevitable. O número de proxectos rentables e as necesidades de capital do primeiro sector P2P non eran suficientes para a dimensión das bolsas de capitais procurando lugar no que entrar. Os plans de negocio infláronse, o capital fluiu… e a primeira gran crise sectorial do século XXI chegou.

Certamente non moitos anos despois o sector de Internet volveu a ser atractivo de novo para os grandes inversores. Novas empresas fixéronse xigantescas: Goolge, Facebook, Twitter… semellaban deseñadas para dar a razón á utilidade de poseer grandes infraestruturas… construídas sobre tecnoloxías cuio maior aporte era, precisamente, facer innecesarias grandes inversión gracias á comunicación entre pares. Desgraciadamente, para facer iso debían recentralizar a rede, ou polo menos intentalo. Mais grandes infraestuturas precisan grandes capitais e ademais, os grandes grupos de comunicción -eles mesmos negocios de gran escala- coñecen ben como capturar rendas nas estruturas centralizadas. As novas empresas globais, aínda que verdadeiras aberracións tecnolóxicas e históricas, serán saúdadas esperanzadamente tanto polos grandes xornais como polos mercados financeiros.

Pero, ¿ninguén precisaba cabalmente grandes capitais? De feito, sí. En África, América, Asia e en xeral nas grandes partes do mundo subdesenrolado, estaban por construír grandes infraestruturas e eran precisas inversións masivas. Pero, como escribiría o economista Juan Urrutia no 2005 nunca recibiron capitais pois a burbulla inmobiliaria xunto a complexas ferramentas financeiras restaban atractivo a invertir en grandes cantidades fóra dos mercados financeiros de gran escala.

A gran máquina de facer burbullas, finalmente, aínda que tamén parcialmente, quebrou no 2007. Grandes olas de capitais especulativo fluíron de golpe, outras destruíron mercados de materias primas, outras colgáronse dos estados convertindo a crise especulativa en crise soberana… A inadaptación do capital financeiro á nova e menor escala óptima, non só é a orixe da crise, está presente en todo e cada un dos aspectos do seu desenrolo.

Cando a tecnoloxía reduxo drasticamente a escala de produción óptima, o capital, en vez de adaptarse, fuxiu cara a opacidade da financiarización e os movementos a curto prazo. Mentras as preferencias de risco non sexan modificadas permitindo reintegrar o capital na prudución real (cada vez de menor escala), a causa do fondo da crise seguirá operando. Por desgraza estas xigantescas bolas de capital teñen unha mellor saída a curto: apoiarse sobre a captura do estado polas macrocroporacións e a deuda… azuzando a descomposición e a destrución de capacidades produtivas.

4. O novo modelo do software libre e a ética hacker


A ética hacker non é unha verdadeira novidade na Historia, podemos recoñecela nos momentos orixinais da ciencia, nos primeiros enxeñeiros da revolución industrial, nos grandes personaxes da Física, a Economía, a Medicina… mais os novos hackers apareceron non moito antes do preciso intre no que a información, a tecnoloxía e a creatividade convertíanse na parte maioritaria do valor producido. No intre no que a gran escala comeza a revelar «rendementos negativos de escala» na xestión do capital intelectual.

Nada orixinalmente nos medios pretos a universidade e vinculados ao activismo pola privacidade electrónica, o movemento hacker evolucionou axiña cara un sistema alternativo de organización para investigadores autoorganizados en diversos campos.

Hackear é utilizar os coñecementos que temos sobre un sistema de calquera tipo para desenrolar funcionalidades para as que non foi orixinalmente deseñado, ou facelo funcionar de acordo cos nosos obxetivos. Na prensa aparecerán nomeados como «xenios informáticos» ou como «piratas», pero os novos hackers son, de feitos, moito máis. O sociólogo Pekka Himanen mostrou nun famoso libro2 como os hackers, para crear valor, precisan libre acceso ao coñecemento e aos seus pares.

Para os hackers o coñecemento é un motivo en si mesmo para a produción e en xeral para a vida e o traballo na comunidade. Non aprenden para producir máis e mellor, producen para saber máis. Como aprender é o seu móbil, a súa vida non pode ser dividida entre tempo de traballo e tempo «libre». Todo o tempo é libre e polo tranto productivo, xa que o hacker defende o pluriespecialismo como modo de vida. A liberdade é o principal valor, materalización da autonomía persoal e comunitaria. O facer non reclama a outros -gobernos ou institucións- que fagan o que consideran que debe facerse, o fai por si mesmo directamente. Se reclama algo é que sexan retiradas as trabas de calquera tipo (monopolios, propiedade intelectual, etc.) que lle impiden a el ou a súa comunidade facelo.

Neste marco de valores naceu a primeira gran victoria do software libre: construír un sistema operativo libre completo, Linux. Nunca máis o movemento hacker sería xa parte do undergruond. Un novo comunal electrónico aparecería ante os ollos de millóns de persoas. Axiña, profunda pero rapidamente, esto trocaría para sempre a industria estrela da década anterior. Pasaría dunhas poucas empresas de gran escala a un sistema de gran alcance, con moitos pequenos grupos, proxectos e empresas que repousaban sobre un único pero multiforme, diverso e dinámico procomún.

Non moito despois o ciclo e a estrutura de produción do software libre, aparecerán noutros campos. Non por casualidade, a produción de obxetos culturais inmateriais -música, literatura e creación audiovisual- aproveitou a tecnoloxía P2P antes que outros. Pero polo mesmo sufriu tamén o ataque das novas lexislacións sobre propiedade intelectual azuzadas pola industria cultural de gran escala.

E tras non moitos anos, cando a crise do sistema de gran escala xa se facía demasiado pesada, o mesmo ciclo, a mesmas estrutura para a produción p2p, deu os seus primeiros pasos na fabricación de obxetos físicos. Hoxe podemos construír coches máis eficientes, baratos e belos, libres de propiedade intelectual, en calquera taller gracias a proxectos como Wikispeed.

Nos últimos tres anos multiplicáronse os proxectos de fabricación industrial baseados na posibilidade de alta productividade a pequena escala baseados no comunal de coñecementos técnicos. Soamente o proxecto «Open Source Ecology» traballa xa no deseño de corenta máquinas industriais básicas: dende un xerador eólico a un tractor pasando por unha máquina de facer ladrillos.

Mais, que é o modo de produción p2p? que é o ciclo de produción p2p?

Ciclo de producción p2p

O centro do ciclo é o comunal de coñecemento: inmaterial, gratuito e de libre uso por todos. É o modo característico do capital na produción entre pares. Deste punto de partida nacen novos proxectos. Como non hai autoridade central, poden ser evolucións de anteriores proxectos do comunal -mesmo personalizacións para necesidades concretas- ou pretender distintos, verdadeiramente novos, obxetivos. Deste xeito prodúcese novo coñecemento no proceso da súa materialización e desenrolo.

Cada novo saber incorpórase directamente ao comunal, centro da acumulación P2P, pero tamén saen ao mercado onde posiblemente apareza incorporado a servizos de personalización, produción e mantemento vendidos por empresas de pequena escala.

É importante sinalar como mercado e capital defínense no modo de produción p2p de xeito fundamentalmente diferente ao sistema actual. A clave para comprendelo é o concepto de «renda». Renda é todo beneficio extraordinario, xerado fóra do mercado, a causa do lugar ocupado pola empresa. Monopolios «naturais» – a cotío xerados pola «sobre-escala»-, monopolios legais (como a propiedade intelectual) e favores estatales son os oríxenes máis comúns de rendas empresariais. E tamén, como xa vimos antes, o principal motivo para o sobre-escalado das organizacións e o argumento máis común sobre a «necesidade» de xigantescos capitais para as novas industrias.

Todas estas rendas desaparecen no sistema de produción P2P. Soamente unha renta permanece: a producida temporalmente pola innovación. Quen crea novas tecnoloxías ou produtos ten un breve tempo para aproveitarse da súa soidade no mercado antes de que o paso de novos coñecementos ao procomún permitan a outros ofrecelo, «disipando» as rendas de innovación para os seus creadores… comezando un novo ciclo.

Coma no límite o mercado só paga o valor do traballo contido nos servizos, as empresas precisan innovar constantemente para gañar as curtas rentas temporais das sucesivas innovacións. Por iso o modo de produción é unha verdadeira máquina de producir abundancia, que acumula baixo a forma dun sempre crecente e universalmente utilizable comunal de coñecemento. Todo elo sen precisar un control central, unha xerarquía nin organizacións de gran escala.

5. A nova revolución industrial


Se representamos as diferentes escalas posibles nun eixe, na orixe poñeríamos o -aínda utópico- horizonte da produción individual. Un mundo no que calquera persoa pode, por si mesma, producir calquera cousa. Noutro punto contrario atoparíamos a difunta URSS: onde unha única empresa -o estado- planifica e produce para todo o mercado. A escala óptima actual está nun punto intermedio, dependendo da productividade e da tecnoloxía.

Escalas

Así, a crecente incompetencia da economía soviética dende os anos cincuenta aos novena, sería, a lo menos en parte, consecuencia da ampliación da distancia entre a escala estatal e a escala óptima, que estaba cada ano máis á esquerda do noso eixe.

A crise de hoxe, que fora primeiro occidental e logo global, mostra craramente a non adaptación do capital financeiro as mellores escalas óptimas de produción creadas pola evolución tecnolóxica. A economía occidental está sobre un punto á esqueda da escala media das grandes empresas de Europa e Norteamérica.

Non é a primeira vez. Nos anos setenta Europa sufriu unha inadaptación similar e as grandes industrias europeas rediseñáronse, Pero agora, estase nun punto crítico. Un momento no que cambios cuantitativos na productividade producen cambios cualitativos na organización industrial, que por outra banda, requiren transformar as estruturas financeiras, comerciais e institucionais.

Neste punto, gran parte das vellas posibilidades non funcionarán e as novas levarán á economía e á estrutura de poder a un lugar moi diferente.

A tradicional economía de grandes escalas non pode nin superar, nin sequera resistir, a crise actúal. A gran escala non permite innovar, xestionar o coñecemento creado no seu interior nin contribuir co seu valor social. A súa propia natureza impídello. A parálise dos grandes monstruos empresariais impídelles innovar cando sería máis preciso. E xa quedou atrás o momento no que a estandarización de servizos incapacitounos para satisfacer aos seus clientes. As macroempresas occidentais non están lonxe da erosión de calidade que vimos nas empresas soviéticas durante os anos noventa.

Pola contra, nunca como hoxe o coñecemento foi tan imporante, de feito máis importante que o capital monetario, e nunca a produción persoal estivo tan cerca. As impresoras 3D progresaron increiblemente sen recibir nin unha millonésima parte das axudas estatais que recibiron as grandes empresas, as «incubadoras de emprendedores» e as asociación de organizacións de gran escala para crecer, internacionalizarse e sobrevivir.

A ampliación do comunal ao mundo da maquinaria industrial de baixo coste e o deseño de casas ou automóbiles para a súa produción local esboza novos límites de posibilidades pero tamén mostra xa un sistema alternativo funcionando sen rendistas, sen a vella e nociva lóxica das escalas. Como asegura a nada sospeitosa revista «The Economist», vivimos, en paralelo á crise, unha verdadeira «nova revolución industrial». Estas tecnoloxías, incluso un pouco inmaduras, poden ser unha base válida para enfrentar consecuencias da crise financeira no texido produtivo local, nos da microempresa industrial e no da PEME, do taller do barrio á fábrica de compoñentes.

E é que según todo o que estudiamos nas páxinas anteriores, a fórmula da nova revolución industrial estaría clara:

Procomún de coñecemento + redes distribuidas + alta productividade a pequena escala = macroespacios virtuais de abundancia + micromercados de produción e servicios = reindustrialización local

6. O sistema de aprendizaxe P2P e a produción de coñecementos teóricos


Mentres, en paralelo ao crecemento do comunal, outra evolución importante no modo de produción P2P é a aparición dun verdadeiro «sistema de aprendizaxe P2P» e un «sistema P2P de investigación teórica».

Cando, ao redor do 2008, as máis recoñecidas universidades americanas comezaron a publicar gratuitamente os seus cursos en video por Internet, os outros modelos americanos e o modelo europeo víronse cuestionados. Se a aprendizaxe cos medios máis modernos nos máis famosos centros volvíase gratuito, que estaban comprando os seus estudiantes? ¿Soamente a certificación que pronto poderían comprar no MIT ou noutras grandes universidades?

Os hackers, tradicionalmente autodidactas, mantiñan unha reflexión, estaba nacendo un novo conxunto libre de ferramentas de aprendizaxe e xa se podía aspirar a un sistema de aprendizaxe P2P. Pronto os proxectos multiplícanse.

Dende a perspectiva da ética hacker, a universidade, fundamentalmente a europea occidental, é parte dun sistema de ensinanza. Para todo sistema de ensinanza o resultado máis importante é a certificación dos estudantes para o estado e a sinalización dos seus coñecementos para as empresas de gran escala. O sistema de ensinanza é parte do sistema de rendas. Os hackers non queren que se lles ensine, queren aprender. Sinalización e certificación é inútil para eles. Como a ética hacker é unha ética de acción, a única sinalización útil do coñecemento no modo de produción P2P son os aportes que se fan ao comunal.

Nembargantes, a universidade mantén outra función tradicionalmente ligada aos propios hackers: é o lugar para a produción de teoría e coñecemento científico básico. Pero a atmósfera da investigación na universidade xa non é hacker. De feito é casi feudal e cada vez máis pechada e dependente da orientación dada por institucións e grandes empresas que controlan as rendas. Polo conseguinte, o modo de produción P2P precisa a súa propia estrutura para elo.

Institución como a «Free Software Foundation»3 que apareceu ao redor da primeira década de século, creceron e gañaron peso no novo contexto, tornándose verdadeiras «escolas de estudo do comunal». A disputa sobre a necesidade dunha institución que sirva de lugar de encontro no debate entre as distintas escolas e proxectos, finalmente clarifica o mapa de todo o sistema de aprendizaxe e investigación P2P.

sistema de producción intelectual p2p

O modo de produción P2P supera a división entre acción e coñecemento. As comunidades de desenrolo dos diversos proxecto (OSE, WikiSpeed, Mozilla, etc.) xenran produtos pero tamén a investigación e innovación ligadas a eles. O desenrolo de coñecemento aplicado ten o seu lugar ahí. Pero o lugar da investigación teórica está nas «escolas do comunal», que animan á investigación libre sobre teoría social e ciéncia básica. Non ofrecen ensinanza nin títulos, pero producen materiais pedagóxicos mediante grupos de traballo especializados. Grupos de aprendizaxe local usan esos materiais xunto cos materiais xerados polas comunidades de desenrolo para convertirse nos activadores da cultura P2P local. Neste intre, mentres escribimos este capítulo, estánse creando ducias de grupos de aprendizaxe local baixo distintos nomes e estruturas legais: asociacións, cooperativas, talleres locais…

7. O reflexo político: comunais, confederalismo asimétrico e principio de subsudiaridade


A progesiva redución da escala óptima de produción é a orixe da crise, pero tamén da posibilidade de que outro xeito de produción, o P2P, sexa unha realidade. Mais se a escala redúcese na produción, ¿non sería lóxico pensar que a escala da administración pública tamén debera reducirse? Os grandes estados descentralizados teñen moitos dos problemas das grandes empresas e ademais son o gran obxeto dos captadores de rendas. Como o pensamento libertario e anarquista de Proudhon e Hayek defende, administracións de pequena escala con lazos confederais entre si serían unha defensa contra a captura de rendas do poder público.

Por outra banda, xeranse inevitables tensións entre a natureza universal do comunal e a natureza local dunha parte crecente da produción e a súa distribución física. A tentación autárquica, incluso insularista, aparece rapidamente, deixando de lado un dos elementos máis esperanzadores da emerxencia das redes distribuidas: a erosión das vella identidades do estado nacional e a aparición de novas identidades transnacionais e anacionais. Mais realmente, a evolución da transición cara o modo de produción P2P, foi da man da emerxencia de novas comunidades transnacionais, moitas dela, de China a Senegal, experimentaron diversas formas de autonomía económica4. O seu papel no futuro non é pequeno, A sociedade P2P coñecerá o comercio e a mobilidade de longa distancia. Non podería non coñecelo sen poñer en perigo a súa capacidade para crear benestar e cohesión social.

Certamente escalas máis pequenas significan máis produción local, mais os transportes mercantes internacionais de baixo coste -posiblemente basados en enerxías renovables- continuarán. A revalorización da produción local, liberada do sometemento ás escalas xigantescas, non significa en absoluto un novo autarquismo localista.

Non é lóxico pensar no fenómeno transnacional limitado aos procesos deliberativos que xeneran o comunal do coñecemento. Se o nacemento de identidades transnacionais continúa e conflúe co desenrolo xeral do modo de produción P2P, o transnacional empoderará o local a través de comunidades identitarias que ben podería dar lugar a un «continuo de liberdades e benestar» por riba das herdanzas dos diferentes niveis de desenrolo e os estados nacionais en descomposición. As filés seguramente sexan vectores de comunicación, comercio e transnacionalización da cidadanía. O modo de produción P2P non rexeita a globalización, a redefine dende o local e o comuninario.

Distintas propostas traducen este horizonte, pero posiblemente a máis clara sexa a redefinición de confederalismo de Juan Urrutia, quen traballa o concepto de «confederalismo asimétrico»5. Confederalismo no senso cantonalista clásico: gobernos democráticos autónomos locais que voluntariamente comparten partes do seu presuposto con outras administracións do mesmo nivel a través de organizacións supraterritoriais. Asimetría pois non só contrata con gobernos territoriais se non tamén con organizacións transterritoriais.

Por outra banda, a definición de corpo electoral -quén ten dereito a voto- aparece cada vez en máis lugares no centro do debate político. Por exemplo, as eleccións locais en moitas cidades de Europa decídense polo «voto emigrante», que é, moitas veces, o dos netos dos que emigraron… e apenas conservan relacións «culturais» cá orixe dos seus avós.

O fenómeno é interesante. Por unha banda os estados en descomposición tenden a priorizar o principio de nacionalidade sobre o de cidadanía, liberándose da idea contractual que sostén ao segundo en favor da afirmación identitaria que define á primeira. Sen embargo, por outra banda, a definición mesma da comunidade nacional imaxinada nos oríxenes, pon e cuestión a posibilidade mesma do carácter nacional do estado pola crecente transnacionalización dos grupos lingüisticos e culturais: por moi nacional que se quera o aparato administrativo, nin son todos os que están nin están todos os que son. De feito podemos tamén lembrar o debate isralí entre os defensores dun estado étnico como o actual -que dá cidadanía a calquera xudío étnico do mundo- e os defensores dunha reforma cara o estado nacional.

A saída nacionalista autoritaria pasa pola homoxenización e a xenofobia cara dentro e o expansionismo do censo cara fóra. É dicir, a unha parte dos veciños non se lles queres deixar votar, e sen embargo otórgaselle o voto a persoas que nunca viviron no lugar. O resultado inevitable é que son moitos os que en Galicia, Asturias ou Israel non entenden por que o alcalde do seu pobo acaba sendo decidido por un grupo de persoas as que so viron un par de veces nas vacacións, por certo xeralmente pagadas con cartos en teroría dedicados á cooperación ao desenrolo.

A idea de confederalismo asimétrico preséntase aquí como algo sensato e aplicable a curto prazo sen mallores dramas. A idea é que se existe un procomún cultural a ser mantido debería desenrolarse as súas propias estruturas transnacionais. Estas serían algo diferentes da W3C ou a Mozilla Fundation: os seus membros terían unha certa economía cultural recoñecida globalmente para definir as súas propias políticas e lingüisticas entre os seus membros, entre os que poderían desenrolar tamén políticas de cohesión e solidariedade económica propias. Pero a administración do que é local decidiríase por un censo baseado na administración exclusicamente da vecindade, atendendo ao principio da cidadanía.

Actualmente algúns estados como o austríaco ou o español, inclúen nos seus formularios de impostos campos que permiten ao contribuinte decidir se entraga unha porcenaxe do que paga á confesión relixiosa á que se adscribe ou a «outros fins de interese social» definidos polo estado mesmo. Podemos imaxinar un xeito semellante de incluir a dimensión transnacional e comunal nun sitema confederal con soberanía fiscal como o suizo: votan en cada lugar os veciños, mais cando van a pagar os seus impostos, poden elexir que unha parte se destine a unha organización transnacional que lle representa na identidade na que se adscriban, sexa cultural basada nun procomún identificado cunha «oríxe» (xibraltareña, brasileira, vasca o xudía por exemplo) ou unha comunidade transnacional sintética, indiana, muridí, focolara, esperantista, etc.) ou outras comunidades produticas do comunal (Linux, coidado dos océanos, etc.), todas elas organizadas sobre distintas fundacións ou organizacións internacionais.

É de destacar que todo isto só é realmente aplicable se existe unha soberanía fiscal cantonal, que, por certo e non por casualidade, é a base da democracia directa. E aínda é preciso unha aclaración máis: a coherencia de todo o sistema leva a redefinir o principio de subsidiaridade para incluír tamén a relación entre a propiedade pública e o comunal. De feito, todo confederalismo asimétrico necesariamente defende a supremacía da administración en comunal: os gobernos non debería administrar nada que puidera ser xestionado como procomún.

8. Conclusións


Dende a segunda guerra mundial a productividade multiplicouse, o que reduxo drasticamente a escala óptima de produción, deixando fóra de xogo en primeiro lugar ao capitalismo de estado dos países orientais, pero tamén poñendo baixo ameaza as grandes empresas de EEUU e Europa.

Durante ese tempo tamén transformóuse a estrutura de comunicación: estamos na transición dun mundo descentralizado, o mundo do telégrafo e as nacións, ao modelo de comunicación distribuída, o mundo da comunicación P2P.

A unión de ambos cambios coa apertura das barreiras comerciais dos noventa deu como resultado un crecemento constante do comercio baseado principalmmente sobre a emerxencia de novos axentes da periferia con menos escala e menos intensivos en capital. A consecuencia directa foi a maior redución da pobreza da Historia humana, pero tamén un remarcable aumento da desigualdade e da inestabilidade económica.

O causante principal desta contratendencia foi o capital financeiro, que non se adaptou a redución de escala senon que pola contra aínda as aumentou, axudándose da «financiarización» e a «securización», afastándose do sistema produtivo e instigando regularmente burbullas especulativas. A súa estratexia de escala incluiu o endurecemento da lexislación sobre a propiedade intelectual, redefinir innecesariamente Internet mediante estruturas recentralizadoras (Google, Facebook, etc.) e fundamentalmente redobrar as presións para captura aos estados.

Esta estratexia só pode conducir á destrución simultánea do mercado e o estado, o fenómeno que chamamos «descomposición» e que se desenrola en paralelo á destrución de capacidades produtivas que traen consigo a crise e a guerra, ás que anteceden e acompañan.

Mais en paralelo, có nacemento e desenrolo do software lbre, aparecía un novo xeito de producir e distribuir cuio centro non era a acumulación de capital senon a acumulación dun novo comunal, o «procomún», é decir, de abundancia, no que o mercado elimina as rendas -de propiedade intelectual, de posición, etc.- para basarse no pago do traballo e premiar a innovación e a adaptación que enriquece ao comunal.

É isto o que chamamos o modo de produción P2P e funciona tanto para producir software como obxetos físicos e todo tipo de servizos. Acumula abundancia baixo a forma de comunal de coñecemento e disipa as rentas sen precisar control central, xerarquía ou organización de gran escala.

Estas tecnoloxías, incluso se todavía son un pouco inmaduras, poden ser unha base válida para enfrentar as consecuencias da crise financeira no texido produtivo local, tanto no das microempresas industriais como entre as PEMES, do taller de barrio á fábrica de compoñentes.

Mentres, en paralelo o crecemento do comunal, outra importante evolución no modo de produción P2P é a aparición dun verdadeiro «sistema de aprendizaxe p2p» e un «sistema de investigación teórica» propio. Se o coñecemento aplicado xa ten o seu lugar nas comunidades de desenrolo dos diversos proxectos (OSE, WikiSpeed, Mozilla, etc.), a teoría social do modo de produción P2P atopa as súas propias institución en fundacións e escolas do comunal. E están creándose ducias de grupos de aprendizaxe local baixo diferentes denominacións e estruturas legais.

Finalmente, están aparecendo as primeiras propostas políticas que mostran o reflexo na estrutura da administración. O centro destas propostas é o concepto de «confederalismo asimétrico», que a súa vez, necesariamente postula a supremacía do comunal. Para o novos confederalistas, os gobernos non deben xestionar nada que poida ser administrado polo procomún.

Concluíndo, todos estos fenómenos diversos que emerxen ante nós, dende a crise financeira ata os automóbiles de produción local, pasando polas impresoras 3D, o movemento hacker ou o software libre, son parte real dunha crise maior, a crise do capitalismo tal e como o coñecimos: baseado en grandes escalas, descentralizado, xerárquico e rendista.

Pola contra, investigamos as características fundamentais do novo modo de produción, baseado sobre pequenas escalas produtivas, relacións entre iguais, nova ética hacker do traballo e, sobre todo, procomúns de coñecemento. Semella unha boa base para a necesaria transición cara un novo sistema social e económico. E, o que é máis importante, está xa aquí, funciona, non é un relato moral, unha receta máxica ou un activismo benintencionado.

O modo de produción P2P non é o plan de futuro de ningún ideólogo. Non é cousa de partidarios nin o soño dun grupo de correlixionarios. É unha alternativa real, aínda que xoven, para a organización e a reconstrucción dun texido produtivo sobre novas bases. Non precisa de xefaturas nin gobernos para desenrolarse, senon de traballo de todos aqueles que queran gañar resilencia para a súa comunidade dende a competencia sen rendas e o traballo colaborativo.

Notas


1. Véase «El poder de las redes», David de Ugarte, 2005, diversas edicións en español, galego, portugués e inglés. Descargable en http://lasindias.com/el-poder-de-las-redes/. Volver

2.«The hacker ethics and the spririt of the information age» («A ética hacker e o espíritu da era da información»), Pekka Himanen, 2001, distintas edicións en inglés, finés, español, etc.. Volver

3. http://www.fsf.org/ Reveni

4. Véase «Files: de las naciones a las redes», David de Ugarte, 2008, distintas edicións en español e galego. Descargable en http://lasindias.com/files-de-las-naciones-a-las-redes/. Volver

5. Véase «Nuevos territorios», Juan Urrutia, 2012, Basques 2.0 Fundazioa. Descargable en http://juan.urrutiaelejalde.org/trabajos/nuevos_territorios.pdf Volver

El Correo de las Indias es el blog colectivo de los socios del
Grupo Cooperativo de las Indias
Gran Vía 48 - 48011 - Bilbao
F-83409656 (SIE) ~ F-85220861 (EAC) ~ F-95712659 (E) ~ G-84082569 (BIE)